Volve A Casa da Conexa

slide01

Despois do éxito acadado na primeira temporada e de converterse nas irmáns máis famosas da Televisión de Galicia, Mucha e Nucha regresan o próximo xoves, 24 de abril a partir das 22,20 horas, á Televiisón de Galicia con moito máis humor e entretemento da man do seu programa “A Casa da Conexa”.

Nesta nova andaina, Mucha e Nucha, volverán abrirlle a porta da súa casa a actores, comunicadores, deportistas, humoristas e artistas convidándoos a pasar un día inesquecible en Ardebullo. Continuarán as paroladas, as clases particulares de idiomas, cultura e como novidade as irmáns abrirán un consultorio, en que atenderán as peticións e consultas dos seus seguidores.

Pero no mundo de “A Casa da Conexa” haberá un universo paralelo, no que Marcos Pereiro Xosé A.Touriñán darán vida a novos personaxes que, de seguro, semana tras semana, irán gañando fans. Personaxes como Os Roncha, Granxeiros, o caprichoso pretor de Romanos; seccións como Galicia no Tempo ou Agochados incorporarase, pouco a pouco, no programa compartindo tempo e protagonismo con outros, ben coñecidos pola audiencia, como os cociñeiros Moncho e Xosé Ramón ou Cholo e Barbeito, de Bricorreciclaxe.

E a música….  como nos gusta darlle ao baile e ao cante! Esta tempada de ausencia deunos para compoñer moito, e temos preparados uns temiñas ben animados para que movades o equelete.

En fin, moitas aventuras que temos preparadas para vós, moitas caras coñecidas e moitas moitas ganas de pasalo ben. Ingredientes máis que suficientes para que cada semana non faltedes á cita e visitedes a que é a vosa segunda casa, a Casa da Conexa.

Comments are closed, but trackbacks and pingbacks are open.