Novos personaxes: Os Roncha e Granxeiros.

A nova temporada de A Casa da Conexa ven cargada de novidades. Entre outras moitas, novos personaxes súmanse aos que xa coñecestes na segunda temporada. Desta volta, presentámosvos aos Granxeiros e aos Roncha.


GRANXEIROS

Esta parella, que vive e traballa no campo, ábrenos as portas da súa casa para ensinarnos o seu peculiar modo de vida. Os granxeiros máis revolucionarios da contorna comparten con nós os seus revolucionarios métodos de cultivo e productos do campo. Chega o agro postomoderno ás nosas pantallas!

granxeiros

 

 

OS RONCHA

Dende o salón da súa casa, esta parella presenta a súa visión dos programas estrela da Televisión de Galicia. Memtres a muller pasa o ferro, o home sentado no sofá, non para de queixarse da programación pese a que sempre, sempre, se quede ata o último minuto para ver o final. Xa se sabe, amores reñidos, os máis queridos!

vlcsnap-2014-04-21-17h26m42s225

Comments are closed, but trackbacks and pingbacks are open.