Programa 17. Xosé Ramón Gayoso

ARDEBULLO ÉNCHESE DE CULTURA E ESPECTÁCULO, ESTA NOITE EN “A CASA DA CONEXA”

A cultura e o espectáculo estará, se cabe, aínda máis presente esta noite en “A Casa da Conexa”. O programa de humor, entretenemento e música, todo mesturado con ficción, ofrecerá un programa cheo de espectáculo nas súas máis diversas manifestacións artísticas. Esta edición contará ademais coa presenza do alcalde de Ardebullo, Toñito, que é como o coñecen os veciños de Ardebullo, que virá acompañado doutro ilustre persoeiro dedicado á comunicación e que todas as semanas presenta na TVG todo un espectáculo musical: Xosé R. Gayoso, o coñecido presentador exercerá de mestre de cerimonias nun acto cultural moi importante para a vila.

Hoxe, Ardebullo está de celebración e inauguración. A vila máis famosa da Televisión de Galicia contará, a partir desta noite, cunha escultura que simbolizará “O home de Ardebullo”. E, aínda que en Ardebullo  preparan por todo o alto as celebracións, sempre hai algo que as estraga como será este caso.

portada face

Por outro lado, Paco (Josito Porto), o sobriño de Mucha e Nucha quere traballar no circo. O problema será Que pode facer el no circo? Pois nada. A única que parece que pode dedicarse a iso é Mucha, que lles sorprenderá cos seus trucos de maxia.

Esta semana tamén descubrirán outras seccións novas como o documental “Agochados”, onde expertos antropólogos descubriránlles, ao longo destas semanas, o comportamento dos ‘homes carballo’, unha especia que habita moi preto de Ardebullo.

Na sección de “O consultorio”, as irmáns de Ardebullo intentarán dar respostas e consellos, da máis variada temática, ás cartas que cada semana reciben no seu domicilio.

Por último, a edición de hoxe de “A Casa da Conexa” complétase con “Os Roncha”, que darán a súa particular versión do programa “Luar”;  “Aprende idiomas con Mucha e Nucha” onde terán unhas nocións básicas do vocabulario xaponés.

Comments are closed, but trackbacks and pingbacks are open.