Xa está dispoñible o programa 18 con Fernando Romay

En Ardebullo non paran de suceder cousas e as cantareiras seguen dando moita guerra. Xa podedes ver o terceiro programa desta nova temporada premendo aqui. 

Desta volta, Fernando Romay visitou a Casa da Conexa para darnos a coñecer dous deseñadores emerxentes na moda galega que non deixaron indiferente a ninguén: Basilio&Tuchiño.  Chani e o Cabo Caselas tamén apareceron na sitcom desta semana en busca da misteriosa “moza da curva”. Pero se por algo se caracterizou o programa do pasado xoves foi pola presencia inesquecible da irmá máis famosa de Mucha e Nucha. Carmucha aparece por primeira vez na Casa da Conexa para dar a coñecer a sua inminente pérdida de peso. Non vos perdades este gran momento.

_DSC9731

Comments are closed, but trackbacks and pingbacks are open.