Xa está dispoñible o programa 19 con Pepe Viyuela

Non vos quededes coas ganas de ver o programa do pasado xoves co gran humorista e actor Pepe Viyuela premendo aqui.

As novas tecnoloxías foron as protagonistas do programa. As cantareiras intentaron explicarlle ao público galego a importancia do uso das novas tecnoloxías. O que pasa é que para Mucha os avances tecnolóxicos son ben distintos que para Nucha.

Pepe Viyuela, un rostro moi coñecido polos espectadores dado o seu personaxe de Chema na serie Aida veu disposto a visitar ás irmáns máis famosas de Galicia para pasar un bo rato. Os que tamén se encargaron de poñer música a todo o programa foron os membros da Banda de Arca, unha das agrupacións en activo máis lonxevas de Galicia, que está conmemorando o 150 aniversario da Banda.

E desta volta, volven os cociñeiros! “A Cociñar con Xosé Ramón” estréase nesta temporada cunha receita singular, como todas as que nos teñen acostumados esta singular parella de chefs.

Non volo perdades!

 

DSC_0517

Comments are closed, but trackbacks and pingbacks are open.