Xa está dispoñible o programa 18 con Fernando Romay

En Ardebullo non paran de suceder cousas e as cantareiras seguen dando moita guerra. Xa podedes ver o terceiro programa desta nova temporada premendo aqui. 

Desta volta, Fernando Romay visitou a Casa da Conexa para darnos a coñecer dous deseñadores emerxentes na moda galega que non deixaron indiferente a ninguén: Basilio&Tuchiño.  Chani e o Cabo Caselas tamén apareceron na sitcom desta semana en busca da misteriosa “moza da curva”. Pero se por algo se caracterizou o programa do pasado xoves foi pola presencia inesquecible da irmá máis famosa de Mucha e Nucha. Carmucha aparece por primeira vez na Casa da Conexa para dar a coñecer a sua inminente pérdida de peso. Non vos perdades este gran momento.

_DSC9731

Programa 18 con Fernando Romay

Noite de sorpresas no programa de “A Casa da Conexa”. Hoxe, os espectadores galegos poderán coñecer a un membro máis da familia das ‘fillas da conexa’, a irmá Carmucha. Foron moitas as ocasións en que a audiencia e seguidores do programa escoitaron falar a Mucha e Nucha desta irmá pero esta noite poderán coñecela, xa que está pasando uns días en Ardebullo.

O amor continúa sobrevoando nas vidas dos habitantes de Ardebullo. Nesta ocasión, será Chani (Federico Pérez) o que se enamore e perda a cabeza por unha rapaza. Mucha e Nucha ilusionadas co seu amigo intentan darlle consellos para coidar e cultivar ese amor que comeza pero ao final, coma sempre, as cousas non son como parecen e algo estraño na relación de Chani.

A emisión de hoxe completarase cunha nova clase de idiomas; co matrimonio de Os Roncha; coa sección de Culturízate e cunha nova sección de Construcións, onde coñecerán a esta peculiar cuadrilla das obras.

Para rematar “A Casa da Conexa” outro gran éxito musical do momento, versionado por Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, hoxe é o tema “Make my day” de Auryn.

_DSC0005

Xa está dispoñible o programa 17 con Xosé Ramón Gayoso.

O segundo programa da nova temporada de A Casa da Conexa deu para moito moito. Como? que o perdiches? Pois aqui tes a oportunidade de velo online pulsando aqui.

Xosé Ramón Gayoso foi o gran protagonista da noite facendo uso do seu gran sentido do humor. Con el vivimos a inaguración dun importante monumento para Ardebullo da man dos actores Josito Porto e Lucía Regueiro que nos fixeron pasar un bo rato. Ademais, tralo bo ritmo que nos deixaron El Combo Dominicano no pasado programa, neste non quixemos baixar o ritmo da man da Charanga TNT  que amenizou a noite do pasado xoves.

Todo isto e moito moito máis humor, no programa 17. Non o perdas!

prensa1

Estreamos conta en Tumblr

En Ardebullo sómosche moi, pero moi modernos e modernas! Desta volta creamos unha conta na rede social que está causando furor en medio mundo.

Tumblr é un espacio de microblogging que está causando furor no mundo televisivo do outro largo do charco.  Nós adicamos esta conta a compartir cada semana os gif (pequenas imaxes en movemento) máis graciosos do programa.

Unha nota máis de humor e unha conquista máis por parte da Cantareiras de Ardebullo que non cesan a súa actividade nas redes sociais.  Que non tes Tumblr? A que esperas para segirnos?

http://acasadaconexa.tumblr.com/

FIGUFIGU