Xosé Ramón Gayoso, novo convidado de A Casa da Conexa.

Sen dúbida, Gayoso forma parte da historia da Televisión de Galicia. Cada venres capitanea Luar,  ese espectáculo musical que nos acompaña xa hai máis de vinte anos. Así mesmo, o pasado 12 de Abril, nos premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego recibiu o premio ao mellor comunicador en televisión.

Como non podía ser doutra maneira, será o propio alcalde de Ardebullo, Toñito, quen reciba a Gayoso para acudir a un acto moi especial. O presentador será o encargado de inaugurar a escultura chamada “O home de Ardebullo”, unha obra de arte que creará polémica, moita polémica, unha gran revolta na que Gayoso intentará calmar os ánimos.

vlcsnap-2014-04-28-12h00m04s50

El Combo Dominicano visita A Casa da Conexa

Esta popular orquestra afincada en Gran Canaria, leva uns anos arrasando na nosa comunidade percorrendo as verbenas de media Galicia.

Case todos coñecedes o amplio repertorio deste grupo que interpreta todo tipo de música latina: cumbias, bachatas, salsa…  se ben El Combo Dominicano distínguese por ser os auténticos especialistas do merengue  ao que lle dan un sabor auténtico e ritmo con seu inimitable swing dominicano.

Desta volta, pasaron por Ardebullo para visitar ás Cantareiras de Ardebullo, participando nalgún sketch e deleitándonos coa súa música acompañados por un novo intérprete moi especial.

_DSC1180

 

Javier Coronas

Este humorista catalán acabará, sen saber moi ben como, axudando a Mucha Nucha na preparación dunha tortilla.  Entre patacas e algunha que outra copa de licor café, Javier conversará coas nosas protagonistas sobre a súa experiencia persoal facendo unha particular versión camiño de Santiago e profesional ao longo dos anos na televisión. Todo acompañado de moito humor e ata dun pequeno cameo da Charanga Compostela.

 

Joseph Collard

Joseph Collard é unha das referencias máis importantes a nivel internacional no que a humor visual se refire. No seu paso pola casa da Conexa, o humorista belga ensinoulle tanto a Mucha e Nucha, coma ao resto do público, os pasos básicos para chegar a ser un verdadeiro mimo.

Secun de la Rosa

Quen lle ía dicir a Secun que conseguir unha simple aspirina lle sairía tan caro.  A dor de cabeza que acusaba o actor catalán enfantizarase ao lado de Mucha e Nucha, convecidas de que Secun é en realidade o concelleiro de cultura. Unha vez resolto o problema, as fillas da Conexa non dubidan en meter na cama a Secun para realizarlle unha entrevista moi, pero que moi, tola.

Secun de la Rosa 1 Secun de la Rosa 4

Nacho e Cristina Castaño

Os irmáns Castaño están rodando unha curtametraxe en Ardebullo. Os dous actores deciden preguntar na casa da Conexa se poden utilizar o baño. Mucha e Nucha acceden encantadas, non sen antes conversar con estes irmáns dos traballos de Cristina como actriz e os de Nacho como dobrador.

_DSC0239