Manuel Manquiña

Pouco tardarán as fillas da Conexa en recoñecer a este popular actor vigués. Despois de repasar a súa traxectoria profesional e acompañados de Mari Carmen,  unha das galiñas que vive na horta, Mucha e Nucha non dubidan en nomear  a Manquiña comocandidato perfecto para o pregón das próximas festas en Ardebullo.

Manuel Manquiña3

Gonzo

Mucha e Nucha sonche bastante despistadas e tardaron en decatarse que ese rapaz que chamou ao timbre xa hai un tempo non é outro que Gonzo. O xornalista Vigués manterá unha simpática conversa na que se repasarán os traballos do reporteiro e algunha que outra anécdota.   

GONZO1

David Guapo

O humorista e cantante catalán decidiu facerlles unha visita as veciñas máis famosas de Ardebullo . David Guapo animou a casa da Conexa cunha mestura entre o popular reguetón e a lingua de tódolos galegos, o que el mesmo denomina como  reguetiño. Todo isto acompañado por Nucha e Mucha, dúas bailarinas de excepción para a inaguración deste novo estilio musical. 

DAVID 2