Programa 18 con Fernando Romay

Noite de sorpresas no programa de “A Casa da Conexa”. Hoxe, os espectadores galegos poderán coñecer a un membro máis da familia das ‘fillas da conexa’, a irmá Carmucha. Foron moitas as ocasións en que a audiencia e seguidores do programa escoitaron falar a Mucha e Nucha desta irmá pero esta noite poderán coñecela, xa que está pasando uns días en Ardebullo.

O amor continúa sobrevoando nas vidas dos habitantes de Ardebullo. Nesta ocasión, será Chani (Federico Pérez) o que se enamore e perda a cabeza por unha rapaza. Mucha e Nucha ilusionadas co seu amigo intentan darlle consellos para coidar e cultivar ese amor que comeza pero ao final, coma sempre, as cousas non son como parecen e algo estraño na relación de Chani.

A emisión de hoxe completarase cunha nova clase de idiomas; co matrimonio de Os Roncha; coa sección de Culturízate e cunha nova sección de Construcións, onde coñecerán a esta peculiar cuadrilla das obras.

Para rematar “A Casa da Conexa” outro gran éxito musical do momento, versionado por Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, hoxe é o tema “Make my day” de Auryn.

_DSC0005

Programa 17. Xosé Ramón Gayoso

ARDEBULLO ÉNCHESE DE CULTURA E ESPECTÁCULO, ESTA NOITE EN “A CASA DA CONEXA”

A cultura e o espectáculo estará, se cabe, aínda máis presente esta noite en “A Casa da Conexa”. O programa de humor, entretenemento e música, todo mesturado con ficción, ofrecerá un programa cheo de espectáculo nas súas máis diversas manifestacións artísticas. Esta edición contará ademais coa presenza do alcalde de Ardebullo, Toñito, que é como o coñecen os veciños de Ardebullo, que virá acompañado doutro ilustre persoeiro dedicado á comunicación e que todas as semanas presenta na TVG todo un espectáculo musical: Xosé R. Gayoso, o coñecido presentador exercerá de mestre de cerimonias nun acto cultural moi importante para a vila.

Hoxe, Ardebullo está de celebración e inauguración. A vila máis famosa da Televisión de Galicia contará, a partir desta noite, cunha escultura que simbolizará “O home de Ardebullo”. E, aínda que en Ardebullo  preparan por todo o alto as celebracións, sempre hai algo que as estraga como será este caso.

portada face

Por outro lado, Paco (Josito Porto), o sobriño de Mucha e Nucha quere traballar no circo. O problema será Que pode facer el no circo? Pois nada. A única que parece que pode dedicarse a iso é Mucha, que lles sorprenderá cos seus trucos de maxia.

Esta semana tamén descubrirán outras seccións novas como o documental “Agochados”, onde expertos antropólogos descubriránlles, ao longo destas semanas, o comportamento dos ‘homes carballo’, unha especia que habita moi preto de Ardebullo.

Na sección de “O consultorio”, as irmáns de Ardebullo intentarán dar respostas e consellos, da máis variada temática, ás cartas que cada semana reciben no seu domicilio.

Por último, a edición de hoxe de “A Casa da Conexa” complétase con “Os Roncha”, que darán a súa particular versión do programa “Luar”;  “Aprende idiomas con Mucha e Nucha” onde terán unhas nocións básicas do vocabulario xaponés.

Porgrama 16. O Combo Dominicano

Nesta nova temporada continuará o humor e o entretemento. Cada semana  un convidado moi especial pasará un día inesquecible en Ardebullo.

Ademais, coñeceremos novos personaxes como Os Roncha e Os Granxeiros, dous matrimonios que achegarán unha análise moi especial da programación da TVG e o outro uns inventos e aparellos que cambiarán a vida das personas.

prensa1

O primeiro programa desta nova andaina de “A Casa da Conexa” co

meza en Ardebullo por todo o alto, con moita festa e ritmo. As festas de Ardebullo abren esta nova etapa e Mucha e Nucha tirarán a casa pola ventá compartindo cos espectadores unha velada marcada pola música e sons de El Combo Dominicano.

Ademais de compartir festa, Mucha e Nucha comezan falando de turismo e  viaxes nas súa parolada co público. Hoxe, contarán algunhas das experiencias que tiveron os seus veciños cando saíron de Ardebullo. Continuando coas viaxes, esta noite Mucha e Nucha farán as maletas para ir de viaxe. O seu destino serán as Canarias, pero coma sempre algo pasará que non chegarán máis aló da casa dos seus veciños, Os Carrizo.

Por outro lado, hoxe verán como é unha xornada de traballo de “Granxeiros”; coñecerán ao pretor de “Romanos”; descubrirán como foi a orixe do humor galego en “Galicia no tempo” e terán a crítica televisiva da serie “Matalobos” de Os Roncha.