Programa 21 con Pepe Solla.

Esta semana a Casa da Conexa meteuse de cheo no mundo culinario da man dun dos mellores chef do noso país, Pepe Solla . Podedes ver o programa no seguinte enlace.

Ademais, desta volta poderedes ver unha nova entrega dos “homes carballo”, os Agochados, O Culturízate de Mucha e Nucha ofreceranos a súa particular visión da decoración de interiores e despedirémonos cun dos grandes momentos musicais desta temporada a canción do Seat Ibiza.

Non o perdas!

_DSC2416

Xa está dispoñible o programa con Carlos Blanco

Xa podedes ver o programa do pasado xoves premendo aqui.

O polifacético Carlos Blanco foi un dos grande protagonistas do programa do pasado xoves 22 de maio. Coa súa peculiar retranca deleteinos, tanto co seu papel de cupido nunha das seccións do programa, como cun breve anaco do monólogo que está movendo por toda Galicia.

Manolo Cortés e Tamara Canosa tampouco perderon a ocasión de visitar Arrdebullo para interpretar ao veciño Carrizo e a Uxia, a sobriña de Mucha e Nucha.  Por non falar da nova entregra dos Granxeiros, co seu particular invento contra a sequía, ou Os Roncha e o seu análise a serie Padre Casares.

Non o perdades!

prensa1

Xa está dispoñible o programa 19 con Pepe Viyuela

Non vos quededes coas ganas de ver o programa do pasado xoves co gran humorista e actor Pepe Viyuela premendo aqui.

As novas tecnoloxías foron as protagonistas do programa. As cantareiras intentaron explicarlle ao público galego a importancia do uso das novas tecnoloxías. O que pasa é que para Mucha os avances tecnolóxicos son ben distintos que para Nucha.

Pepe Viyuela, un rostro moi coñecido polos espectadores dado o seu personaxe de Chema na serie Aida veu disposto a visitar ás irmáns máis famosas de Galicia para pasar un bo rato. Os que tamén se encargaron de poñer música a todo o programa foron os membros da Banda de Arca, unha das agrupacións en activo máis lonxevas de Galicia, que está conmemorando o 150 aniversario da Banda.

E desta volta, volven os cociñeiros! “A Cociñar con Xosé Ramón” estréase nesta temporada cunha receita singular, como todas as que nos teñen acostumados esta singular parella de chefs.

Non volo perdades!

 

DSC_0517

Xa está dispoñible o programa 18 con Fernando Romay

En Ardebullo non paran de suceder cousas e as cantareiras seguen dando moita guerra. Xa podedes ver o terceiro programa desta nova temporada premendo aqui. 

Desta volta, Fernando Romay visitou a Casa da Conexa para darnos a coñecer dous deseñadores emerxentes na moda galega que non deixaron indiferente a ninguén: Basilio&Tuchiño.  Chani e o Cabo Caselas tamén apareceron na sitcom desta semana en busca da misteriosa “moza da curva”. Pero se por algo se caracterizou o programa do pasado xoves foi pola presencia inesquecible da irmá máis famosa de Mucha e Nucha. Carmucha aparece por primeira vez na Casa da Conexa para dar a coñecer a sua inminente pérdida de peso. Non vos perdades este gran momento.

_DSC9731

Xa está dispoñible o programa 17 con Xosé Ramón Gayoso.

O segundo programa da nova temporada de A Casa da Conexa deu para moito moito. Como? que o perdiches? Pois aqui tes a oportunidade de velo online pulsando aqui.

Xosé Ramón Gayoso foi o gran protagonista da noite facendo uso do seu gran sentido do humor. Con el vivimos a inaguración dun importante monumento para Ardebullo da man dos actores Josito Porto e Lucía Regueiro que nos fixeron pasar un bo rato. Ademais, tralo bo ritmo que nos deixaron El Combo Dominicano no pasado programa, neste non quixemos baixar o ritmo da man da Charanga TNT  que amenizou a noite do pasado xoves.

Todo isto e moito moito máis humor, no programa 17. Non o perdas!

prensa1