Estreamos conta en Tumblr

En Ardebullo sómosche moi, pero moi modernos e modernas! Desta volta creamos unha conta na rede social que está causando furor en medio mundo.

Tumblr é un espacio de microblogging que está causando furor no mundo televisivo do outro largo do charco.  Nós adicamos esta conta a compartir cada semana os gif (pequenas imaxes en movemento) máis graciosos do programa.

Unha nota máis de humor e unha conquista máis por parte da Cantareiras de Ardebullo que non cesan a súa actividade nas redes sociais.  Que non tes Tumblr? A que esperas para segirnos?

http://acasadaconexa.tumblr.com/

FIGUFIGU

Estreamos nova sección: Os Agochados.

O segundo programa a nova temporada volve con enerxía. Desta volta estreamos nova sección: Os Agochados.

Trátase dun “documental” no que expertos antropólogos compartirán connosco un descubrimento memorable, a presenza dos “Homes Carballo” moi preto de Ardebullo. Queres saber como viven? Como se relacionan? De que se alimentan?

Non perdas a primeira entrega dos Agochados,

vlcsnap-2014-04-29-12h29m53s146

Xa está online o programa 16 con El Combo Dominicano.

Comezamos a semana con bo humor, como ten que ser.

Para todos e todas os que non tivestes oportunidade de ver o pasado xoves o programa, aqui vos deixamos o enlace para que lle botedes un ollo cando e onde queirades premendo aqui.

Este primeiro programa da segunda temporada xa apunta maneiras e avanza as novidades que nos deparan neste novo periplo  das dfillas da Conexa. Novos personxes, casa renovada e novas seccións, iso si, o que non cambia é o humor,  piar fundamental do programa.

E por se vos parece pouco, como inicio de festa, trouxémonos aos mozos (e a moza) de El Combo Dominicano para por o toque tropical ao espectáculo.

Non o podes perder.

_DSC0924

Novos personaxes: Os Roncha e Granxeiros.

A nova temporada de A Casa da Conexa ven cargada de novidades. Entre outras moitas, novos personaxes súmanse aos que xa coñecestes na segunda temporada. Desta volta, presentámosvos aos Granxeiros e aos Roncha.


GRANXEIROS

Esta parella, que vive e traballa no campo, ábrenos as portas da súa casa para ensinarnos o seu peculiar modo de vida. Os granxeiros máis revolucionarios da contorna comparten con nós os seus revolucionarios métodos de cultivo e productos do campo. Chega o agro postomoderno ás nosas pantallas!

granxeiros

 

 

OS RONCHA

Dende o salón da súa casa, esta parella presenta a súa visión dos programas estrela da Televisión de Galicia. Memtres a muller pasa o ferro, o home sentado no sofá, non para de queixarse da programación pese a que sempre, sempre, se quede ata o último minuto para ver o final. Xa se sabe, amores reñidos, os máis queridos!

vlcsnap-2014-04-21-17h26m42s225

A Casa da Conexa abre as súas portas

slide01

 

Moi boas a todos e todas! Somos Mucha e Nucha, as fillas da Conexa. Levabamos xa un tempiño sen coincidir pero, estamos moi contentas de reencontrarnos con todos vos de novo. Neste periodo de ausencia non nos deu tempo a aburrirnos,  pasáronos cousas tan maravillosas coma raras. A Ardebullo chegaron personaxes moi coñecidos dispostos a visitar a nosa casa, casa da Conexa, e claro,  tamén de paso comprobar que somos aínda máis fermosas ao natural. O que polo de agora non apareceu foi Galloso, pero nós non perdemos a esperanza.

 

Cada vez que sona o timbre da casa unha nova aventura comeza. Por aquí pasaron magos, humoristas, xornalistas ou actores dispostos a axudarnos nalgún dos nosos problemiñas, ou simplemente para tomar unha copiña de viño na nosa compaña. Nós non imos mentir, preferimos que veñan mellor os homes, canto máis guapos máis contentas estaremos!

 

Por certo, a Ardebullo tamén chegaron os recortes mais, as fillas da Conexa estamos dispostas a combatilos como sexa. Para iso estamos ofrecendo nós mesmas as clases de música e inglés no concello as cales estades convidados.

 

E a música….  como nos gusta darlle ao baile e ao cante! Esta tempada de ausencia deunos para compoñer moito, e temos preparados uns temiñas ben animados para que movades o equelete.

 

En fin, moitas aventuras que temos preparadas para vos, moitas caras coñecidas e moitas moitas ganas de pasalo ben. Ingredientes máis que suficientes para que cada semana non faltedes a cita e visitedes a que a partir de  agora a que será a vosa segunda casa, a Casa da Conexa.